Presentación da Ruta do Impresionismo das Mariñas

Data: 10 Decembro 2016Categorías: Presentación,


A aposta do Consorcio As Mariñas polo turismo cultural representa unha variable estratéxica e importante alternativa de desenvolvemento turístico na zona, a cal pode contribuir a mitigar a estacionalidade do sector turístico e a preparar o noso territorio de cara á futura apertura de novos mercados. Coa posta en marcha da Ruta do Impresionismo das Mariñas, preténdese potenciar o turismo na área mediante un enfoque creativo o cal permita diferenciar esta zona doutros lugares, por aspectos de gran valor e que non son comúns. Trátase dunha aposta polo turismo sostible, a conservación do patrimonio paisaxístico, natural, cultural e etnográfico do territorio.

Máis Información