Actividade didáctica - Alumnado de educación primaria

A través desta actividade ímosche axudar a coñecer a FRANCISCO LLORENS, quen era, que fixo ao longo da súa vida, pero sobre todo, por que lle chamamos o pintor “das Mariñas”. 

Actividade didáctica - Alumnado de educación secundaria

O obxectivo fundamental desta unidade didáctica é que coñezas a personalidade creativa de FRANCISCO LLORENS, a súa obra e sobre todo a importancia que un espazo xeográfico, AS MARIÑAS, tivo na súa pintura. Para iso imos traballar en tres aspectos importantes da súa personalidade a través de textos documentais e imaxes: a vocación e o innato talento para recrear a paisaxe, a súa maneira de facelo e o espazo no que o desenvolveu. 

Guía didáctica Profesorado Educación Primaria

Obxectivo: Coñecer a figura de Francisco Llorens e a súa relación co espazo xeográfico das Mariñas.

Francisco Llorens (A Coruña,1874 - Madrid, 1948) 

Guía didáctica Profesorado Educación Secundaria

Obxectivo: Coñecer a personalidade creativa de Francisco Llorens, a súa obra e a importancia que o espazo xeográfico “As Mariñas” tivo na súa pintura, pescudando a través de textos documentais e imaxes no seu innato talento para recrear a paisaxe.

Francisco Llorens (A Coruña,1874 - Madrid, 1948).